Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de pavimentación e acceso a núcleos de poboación. PIEL/1997.

Entidade adxudicadora: concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: a pavimentación de accesos a diversos núcleos no municipio da Estrada, incluídos no proxecto base, mailos que se poidan ofertar polos licitadores do anexo.

Prazo de execución: catro meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 16.830.279 ptas.

Garantía provisional: 2%.

Obtención de documentación e información: chamando ó concello da Estrada, Telf. 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio, na oficina de plicas da secretaría xeral, de 9 a 13 horas.

Documentos que hai que presentar:

Sobre 1. Documento xustificativo da personalidade. Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar ó corrente nas obrigas tributarias e Seguridade Social. Acreditación da solvencia á que se refire o artigo 15 e seguintes da Lei 13/1995 e fianza provisoria.

Sobre 2. Oferta económica adaptada ó modelo.

Sobre 3. Melloras no proxecto adaptadas ó modelo. Compromiso de reducción do prazo de execución da obra.

As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de ofertas: ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 8 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

2805