Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1997, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dun servicio de limpeza xeral de varios centros (C.P. 8/1997).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio

de Concursos da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), r/ Pasteur, nº 22. 15008 A Coruña. Teléfono: (981) 25 14 50; telefax: (981) 25 16 66.

2. Categoría do servicio e descrición: 14. Limpeza de edificios e administración de bens inventariables (limpeza xeral, desinfección e desinsectación de varios centros dependentes desta xerencia).

3. Lugar de execución: varios centros dependentes desta xerencia.

4. a) Posibilidade de que, de conformidade con normas legais, regulamentarias ou administrativas se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: grupo III, subgrupo 6, categoría 6.

Orzamento total: 47.400.000 pesetas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: Decreto 609/1982 (12-2). Orde 24-11-1992 (BOE 292, do 6-12; corrección BOE 310, do 27-12). Orde 30-1-1991 (BOE 54, do 4-3-1991). Resolución 17-5-1991 (BOE 145, do 18-6; corrección BOE 169, do 16-6).

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver prego de prescrición técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores do servicio liciten para unha parte dos servicios de que se trate: ver prego de prescricións técnicas.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: desde a sinatura do contrato ata o remate do ano 1997.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Servicio de Concursos da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), r/ Pasteur, nº 22. 15008 A Coruña.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 8-5-1997.

c) Se é o caso, gastos de obtención dos devanditos documentos e modalidade de pagamento: ningún.

d) Data límite da recepción das propostas: 16-5-1997.

e) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego e castelán.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura: sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), 6º andar (ambulatorio San Xosé). R/ Comandante Fontanes, nº 8. 15003 A Coruña. Ás 10 horas do día: 27-5-1997.

10. Garantías esixidas: provisional do 2%. Definitiva do 4%.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: unión temporal de empresas.

13. Datos referentes á situación do prestador do servicio e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas do carácter económico e técnico ós que deberá axustarse o prestador dos servicios: ver cláusulas 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia. Expoñeranse os criterios distintos do prezo máis baixo se non figuran no prego de condicións: oferta económica: (850%). Calidade técnica: (35%). Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: (15%).

16. Información complementaria: Servicio de Concursos da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña). R/ Pasteur, nº 22. 15008 A Coruña.

17. Data de envío do anuncio: 25-3-1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Públicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 14 de marzo de 1997.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención Primaria de Coruña-Ferrol

2632