Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de traballos específicos e concretos non habituais consistente na realización dos traballos de redacción e maquetación previos á edición da revista Consumidores.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C97003.

Obxecto do contrato: realización dos traballos de redacción e maquetación previos á edición da revista Consumidores, correspondentes ós números 31, 32, 33, 34, 35 e 36.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: será desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000 pesetas).

Garantías.

Provisional:

Obtención de documentación e información.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Prz. de Europa 10, A 2º (Edif. Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 54 45 12.

Fax: 54 45 99

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Prz. de Europa 10, A 2º (Edif. Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Prz. de Europa 10, A 2º (Edif. Área Central).

Localidade código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

2631