Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.586

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE FERROL

EDICTO de poxa (266/1996).

A maxistrada xuíza en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ferrol e o seu partido, Enma González Álvarez, fai saber:

Que nos autos de xuízo de menor contía, seguidos baixo o nº 266/1996, promovidos por Pedro Pita Balsa, contra herdeiros descoñecidos de Josefina Gomariz García, pola parte actora foi solicitada a poxa voluntaria do inmoble que ó final se describe, na sala de audiencias deste xulgado, sinalándose para a primeira poxa o vindeiro día 19 de maio, ás 10 horas; e, se é o caso, para a segunda, o vindeiro día 18 de xuño, ás 10 horas, baixo as condicións seguintes:

1. O tipo de remate será o de dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000), sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita cantidade.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores, polo menos, o vinte por cento do tipo de remate no establecemento destinado parar o efecto. Non obstante, o promovente poderá participar na poxa sen necesidade de verificar tal consignación.

3. Soamente o promovente poderá cederlle o remate a un terceiro.

4. Reservarase en depósito, por instancia do promovente, as consignacións dos ofertantes que, cubrindo o tipo de poxa, non resultasen se-lo rematante e que o admitan, para efectos de que, se o adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

5. O promovente, a teor do disposto no artigo 2051 da Lei de axuizamento civil, reserva para si expre

samente o dereito de aprobar, dentro do terceiro día seguinte ó do remate, as proposicións que fosen realizadas.

6. O rematante deberá consignar no termo de dous días desde a aprobación do remate a diferencia entre o prezo ofertado na poxa e a cantidade consignada para participar nela. De non facelo así, procederase a unha nova poxa en quebra, destinándose os depósitos constituídos en primeiro lugar a satisface-los gastos que orixine a nova poxa, e logo ó pagamento das custas causadas na execución da sentencia.

7. Para o suposto de non se presentar proposta ningunha admisible na data sinalada para a primeira poxa, farase unha segunda, baixo as mesmas condicións da primeira, na que servirá de tipo a cantidade resultante de rebaixar nun 25% o tipo da primeira poxa.

8. Prevense ós licitadores que se convoca esta poxa sen terse suplida previamente a falta de títulos de propiedade da metade indivisa pertencente ós herdeiros descoñecidos e incertos de Josefina Gomariz García; e que as cargas e gravames a que estea afecto o predio continuarán subsistentes, sen se destina-lo prezo de remate á súa extinción, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na súa responsabilidade.

9. Os títulos de propiedade que poidan existir quedan de manifesto na escribanía para instrucción dos que queiran interesarse na poxa.

10. En caso de que tivese que supenderse calquera das poxas, trasladarase a súa celebración á mesma hora do día seguinte hábil.

Inmoble que se poxa:

Termo municipal de Ferrol. Urbana. Número sete. Apartamento da dereita visto desde a fronte do edificio, da segunda planta, do portal letra A da casa sita en Vilar ou Pereiral, parroquia de San Martiño de Covas, no concello de Ferrol, da superficie duns 100 metros cadrados, distribuído en varias dependencias, e visto desde a fronte do edificio. Linda: fronte, muralla propia que o separa de Pastor Freire e outros; fondo, Manuel Beceiro Fernández; dereita, apartamento da esquerda do portal letra B; e esquerda, oco das escaleiras e o apartamento da esquerda deste mesmo portal e planta. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol, no tomo 1.241, libro 426, folio 151 volto, predio nº 37.230.

Dado en Ferrol o dezanove de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

2869