Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.585

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CALDAS DE REIS

EDICTO (420/1996).

Como secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Caldas de Reis e en virtude do ordenado en providencia dictada no día de hoxe en xuízo verbal civil número 420/1996, seguido por instancia de Jesús Cancela Cons e María José Castro Castro, representados polo procurador David García

Sexto e defendidos polo avogado Ramón Senín Fernández, cito en legal forma o demandado que ó final se expresa co fin de que compareza ante este xulgado o vindeiro día dezaoito de xuño, ás dez trinta horas, para a celebración do xuízo acordado, baixo o apercibimento de que, de non facelo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía sen volver a citalo e fáiselle saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de citación ó demandado Jaime Palacios Álvarez, con domicilio ignorado, expido e asino o presente edicto en Caldas de Reis (Pontevedra) o seis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2696