Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.585

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (S. DO CIVIL E PENAL)

EDICTO (5/1996).

Emilio Alcalá-Zamora y Matilla, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber Que no recurso de casación tramitado nesta sala co nº 5 de 1996, do que se fará mención, se dictou a sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Civil do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, constituída polo presidente José Ramón Vázquez Sandes e polos maxistrados César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez e Pablo A. Sande García.

A Coruña, dezasete de decembro de mil novecentos noventa e seis.

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, actuando como Sala do Civil integrada polos maxistrados que se citan na marxe, viu e recoñeceu os recursos de casación interpostos, un deles por José García Liñares, José Castro Castro, Raimundo Óscar Temes Barbeira, Fracisco Calvo Pájaro, Adolfo García Iglesias, Andrés Cancela Rey e Jesús Gil Turnes -representados polo procurador Domingo Rodríguez Siaba, baixo a dirección do letrado Antonio Platas Tasende e o outro, pola entidade

Banco de Crédito Agrícola, S.A. -representado polo procurador Javier Castro-Sánchez García baixo a dirección do letrado Rafael Díaz Carro-, contra a sentencia dicatada pola Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña o 28 de xuño de 1995 coñecendo en apelación, rolo nº 351/1994, dos autos acumulados nº 363/1991 e nº 146/1992, tramitados polo procedemento de menor contía no Xulgado de Primeira Instancia número un dos de Carballo por instancia, o primeiro, de Servando Varela Pose, na súa calidade de presidente da Comunidade Veciñal do Monte Río do Sol, da parroquia de Ercebedo e o segundo, en igual condición, con referencia da mesma comunidade de montes veciñais, hoxe chamada tamén de San Salvador de Ercebedo, por José Muñiz Martínez, sendo esta último o que, como recorrido, compareceu ante esta sala representado polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, baixo a dirección do letrado Antonio Reinoso Reino.

É maxistrado relator o presidente do tribunal José Ramón Vázquez Sandes.

Decidimos:

Rexeita-los recursos de casación interpostos contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial da Coruña nos autos orixinais dos que este rolo dimana e confirmar esta sen facer especial imposición das custas causadas neste recurso.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes en legal forma facéndolles saber que contra ela non cabe recurso e remítase cada certificación dela, xunto co rolo de apelación e autos orixinais para constancia nestes, á Audiencia de procedencia para os oportunos efectos.

Así, por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámollo, mandámollo e asinámollo». Seguen sinaturas.

E para que lles sirva de notificación ós declarados en rebeldía Antonio Lorenzo Viña, Ramiro Lorenzo Sánchez, Carmen Lorenzo Sánchez, Mercedes Lorenzo Sánchez, Manuel Lorenzo Sánchez, Eliseo Lorenzo Sánchez, Dolores Lorenzo Sánchez, María del Carmen Lorenzo Villar, José Antonio Lorenzo Villar e José Pinilla Fernández e esposa, de estar casado, expido e asino o presente edicto. A Coruña, sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

2235