Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997 pola que se convoca concurso aberto, con trámite de urxencia, para contratación das obras de ampliación do centro de exposición e promoción de recursos da comarca de Bergantiños en Buño, concello de Malpica.

Obxecto: ampliación do centro de exposición e promoción permanente de recursos da comarca de Bergantiños.

Orzamento de licitación: 61.517.935 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá consultarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o plazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51 baixo, Santiago de Compostela (1570), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

Fianza provisional: 1.230.359 pesetas.

Fianza definitiva: 2.460.718 pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupos 2 e 3, categoría E.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 29 de abril de 1997.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do 5 de maio de 1997.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

2042