Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.571

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 2 de abril de 1997 pola que se modifican determinados artigos da do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Co obxecto de reconducir e unificar tódolos procesos recadatorios ó sistema previsto polo Regulamento xeral de recadación para os ingresos a través de entidades colaboradoras na recadación, formúlase, como primeira medida, a necesidade de introducir no modelo actual de recadación de taxas e prezos os cambios que o fagan posible.

Por isto, facendo uso das facultades conferidas pola disposición adicional do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modificación do artigo 2º da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 2º queda redactado como segue:

Artigo 2º

Os ingresos realizaranse nas contas restrinxidas abertas nas entidades colaboradoras autorizadas na xestión recadatoria dos tributos cedidos, titulada: «Tesouro Facenda Pública Galega-Conta restrinxida de colaboración na recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de..., para declaracións-liquidacións».

Artigo 2º

Modificación do artigo 7º da Orde do 29 de xuño de 1994.

O artigo 7º queda redactado como segue:

Artigo 7º

As entidades colaboradoras, nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación, é dicir, dentro dos sete días hábiles seguintes á fin de cada quincena, ingresarán, mediante cheque nominativo cruzado a prol do Tesouro público de Galicia, o recadado cada quincena polo concepto de taxas e prezos. O ingreso instrumentarase co mandamento de ingreso TP01, debendo efectuarse perante o servicio de recadación da propia delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda.

Cada quincena comprenderá desde a fin da anterior ata o día 5 ou 20 seguinte ou ata o inmediato hábil posterior, se o 5 ou 20 son inhábiles. Para tales efectos, serán considerados días inhábiles os sábados.

Calquera que sexa o número de días hábiles, o ingreso na conta do Tesouro público deberá producirse no mesmo mes no que finaliza a quincena correspondente.

Artigo 3º

Modificación do artigo 8º da Orde do 29 de xuño de 1994.

O artigo 8º queda redactado como segue:

Artigo 8º.-Presentación dos ingresos mediante soporte magnético.

8.1. Ó mesmo tempo que se produce o ingreso, as entidades colaboradoras presentarán, en soporte magnético, perante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, a información centralizada dos ingresos xerados en cada quincena, acompañado do anexo VIII sobre saldos ingresados por cada unha das delegacións territoriais.

O Servicio Central de Recadación estampará data e sinatura no exemplar do anexo VIII destinado á entidade colaboradora, e que servirá a esta como xustificante da entrega do soporte.

8.2. O soporte magnético axustarase ás especificacións técnicas establecidas no anexo V.

Co fin de que a información achegada polas entidades sexa incorporada correctamente ás correspondentes bases de datos, efectuarase un proceso de validación do soporte magnético polo Servicio Central de Recadación no que se verificará:

a) Que as características do soporte se axustan ás especificacións sinaladas no anexo V.

b) Que o total dos ingresos incluídos no soporte magnético coincide co importe ingresado segundo os mandamentos de ingreso e cos que figuran no anexo VIII de saldos.

Concluído o proceso de validación do soporte magnético e dependendo do seu resultado, procederase a:

a) A aceptación total do soporte, cando no proceso de validación non apareza ningún tipo de incidencia ou erro.

b) O rexeitamento do soporte magnético cando no proceso de validación se detecten erros.

O Servicio Central de Recadación comunicaralle á entidade financeira cando pode proceder a retira-lo soporte para a súa corrección.

O prazo para emenda-los erros detectados será como máximo de dous días hábiles desde que sexa requirida.

Artigo 4º

Suprímese o artigo 9º da Orde do 29 de xuño de 1994.

Disposición adicional

Modifícase o anexo V da Orde do 29 de xuño de 1994 polo que figura no anexo II da presente orde.

Apróbase o anexo VIII daquela orde co texto que figura no anexo I da presente.

Disposición transitoria

Para efectos do previsto nesta orde e tendo en conta a data da súa entrada en vigor, a primeira quincena á que é de aplicación abarcará o período comprendido entre o día 1 e 5 do mes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día 1 de maio de 1997.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO II

Transferencia de entidades colaboradoras

a servicios centrais

Descrición da información.

A información que se transferirá consistirá nunha lista que detalle cada ingreso tramitado durante o mes correspondente, especificando os seguintes datos:

-Código do formulario de ingreso.

-Orixe do ingreso: código da consellería, servicio e delegación.

-Suxeito pasivo: DNI ou CIF e nome.

-Entidade tramitadora: códigos de entidade bancaria e sucursal.

-Código de taxa.

-Data.

-Importe ingresado.

Convenios de transferencia.

A continuación establécense algúns convenios para a transferencia.

Codificación:

Os códigos de consellería, servicio, delegación e taxa serán os facilitados pola Consellería de Economía e Facenda.

Soporte magnético:

Para transferir tal información existen dúas posibilidades:

* Un ou máis disquetes de 3,5 pulgadas e alta densidade, formateados para IBM PC; cada un deles conterá un único ficheiro ASCII con rexistros de lonxitude

fixa. O nome do ficheiro será , onde corresponderá ó código da entidade colaboradora, ó mes, ó ano e <> día período quincena (05 ou 20). Este ficheiro será importado en servicios centrais utilizando a aplicación .

* Unha cinta de 1.200/2.440 pés, 9 pistas, 1.600 a 6.250 bpi, en EBCDIC, sen etiqueta e bloques de 10 rexistros con formato idéntico ó especificado para disquete.

Formato de ficheiro

Os campos de ficheiro serán os seguintes:

NomeLonxitudeComentarios

CÓDIGO9Código do ingreso
CON2Código da consellería
SVC2Código de servicio
DEL2Código de delegación
DNI10DNI do suxeito pasivo
NOME50Nome e apelidos do suxeito pasivo
BAN4Código da entidade colaboradora
SUC4Código de sucursal
TAXA6Código de taxa
DATA8Data do ingreso AAAAMMDD
IMPORTE10Importe sen decimais

2882