Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.550

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (99/1994-03).

Eu, Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Penal número un de Santiago de Compostela, por substitución.

Fago saber que neste xulgado e na executoria número 99/1994, sobre procedemento de xura de contas, contra José Antonio Castro Vilanova, se dictou providencia na que se acordou publicar novo edicto, ó sinalarse por erro en providencia con data do 11 de decembro de 1996 como data para a celebración da terceira poxa o día 28 de marzo de 1997, que é festivo, do vehículo marca Seat, modelo Ibiza, 1.2, matrícula C-5803-AP, propiedade do penado José Antonio Castro Vilanova, sinalándose novamente para a celebración da terceira poxa o día vinteún de abril de 1996, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado.

Para constancia e corrección de erros, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2808