Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/PO/89.17 e catro máis.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto da obra de acondicionamento do treito Agolada (N-640)-Rodeiro (C-533).

Clave: N/PO/89.17.

Orzamento: dezaoito millóns novecentas sesenta e unha mil cento setenta e catro pesetas (18.961.174).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto da vía industrial Sardoma-Valadares, convenio concello de Vigo 2-5-1996.

Clave: CV/PO/97.1.

Orzamento: sete millóns catrocentas dezaoito mil duascentas setenta pesetas (7.418.270).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto da mellora do acceso á estación de Manzaneda (Ourense), convenio Deputación de Ourense 15-XI-96.

Clave: CD/OU/97.1.

Orzamento: dezanove millóns seiscentas cincuenta e unha mil trescentas setenta e catro pesetas (19.651.374).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

4. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento da nova estrada PO-400, variante de Salvaterra.

Clave: N/PO/91.15.1.

Orzamento: oito millóns novecentas trinta e seis mil setecentas dez pesetas (8.936.710).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

5. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-124. Treito: Cruz da Cancela-Riotorto.

Clave: N/LU/97.10.

Orzamento: doce millóns dezasete mil setecentas sesenta e dúas pesetas (12.017.762).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se adxunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas

por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2640