Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.550

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (45/1997-V).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela. Fago saber que neste xulgado e co número 45/1997-V se tramitan autos de xuízo de faltas por queixa sobre actuación policial, e nos seus autos acordouse citar a David Terence Michael para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no pazo de xustiza, polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela) o vindeiro día dezaseis de maio, ás dez corenta horas, co fin de asistir como denunciante á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que tente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2647