Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (388/1996).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela. Fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 388/1996, que promove a Caixa de Aforros Municipal de Vigo, contra José Manuel Zas Brey, Mª Soledad Sande Otero e Avelino Sande Barreiro nos que, por resolución desta data, se acordou sacar á venda en poxa pública os inmobles que logo se dirán, dos que terá lugar o remate na sala de audiencias deste xulgado, da forma seguinte:

A primeira poxa o vindeiro día 13 de maio ás 11 horas da mañá, para a que servirá de tipo o que se pactou na escritura de hipoteca, que se determina na descrición de cada un dos predios.

A segunda poxa, no caso de que non queden rematados os bens na primeira, o vindeiro día 12 de xuño ás 11 horas da mañá, con rebaixa do 25% do tipo da primeira.

A terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o vindeiro día 15 de xullo ás 11 horas da mañá con tódalas condicións da segunda, pero sin suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas na primeira e segunda poxa que non cubran o tipo, e poderase face-lo remate en calidade de cederllo a terceiros.

2. Os que queiran tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número de conta 1592/18/388/96, o 20% do tipo expresado, requisito sen o que non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e preferentes, se os houber, ó crédito do autor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto da poxa:

1. Parcela D, Monte Chousa do Monte Queimado de 34 áreas e 34 centiáreas. Linda: norte, parcela C de Carmen Sande Otero; sur, parcela E de Jesús Sande Otero; leste, descoñecido 843) e oeste, camiño de concentración. Forma parte do predio 44 do plano

xeral de concentración parcelaria da zona de Santa María de Chayán, Vilouchada, Trazo, A Coruña. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 615, libro 45, folio 218, prefio 7983. Prezo de valoración. 750.000 ptas.

2. Parcela F, labradío e prado no sito de Agra de Baixo e Riba da Jabia, de 76 áreas e 60 centiáreas. Linda: norte, parcela E de Jesús Domingo Sande otero; sur, camiño de concentración e zona excluída en parte, regato no medio; leste, camiño de concentración e oeste, tamén zona excluída. Forma parte da agrupación de predios 597 e 1543 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), inscrita no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 1176, libro 218, folio 94, predio 20.550. Prezo de valoración 5.200.000 ptas.

3. Parcela E, labradío e monte no sito de Revoltiña de 76 áreas e 53 centiáreas. Linda, norte, parcela F de Carmen Sande Otero; sur, a parcela B de Albino Sande Otero; leste, camiño de concentración e oeste, a parcela de Manuel Sande Otero. Forma parte a agrupación dos predios 600 e 601 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela). Inscrita no Rexistro da Propiedade números dous de Santiago de Compostela, tomo 1176, libro 218, folio 104, predio 20.560. Prezo de valoración 1.350.000 ptas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2237