Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (38/1996-3).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción númeo cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo verbal civil que se segue neste xulgado co número 38/1996-3, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de verbal seguido neste xulgado co número 38/1996-3, no que actuaron, como demandante, Frasna, S.A., con domicilio en Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido pola letrada Esther Magallanes e, como demandado, José Luis García Arias, maior de idade e veciño de Lugo, non comparecido nas actuacións, e a aseguradora Winterthur, con domicilio na Coruña, representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva e defendida polo letrado Roberto Botana Castro, en reclamación de cantidade por feito da circulación.

Decido que debo condenar e condeno solidariamente os demandados a que lle aboen á demandante a suma de 120.280 ptas., mailos xuros anuais por conta da aseguradora do 20% de tal suma desde a data do accidente ata o 10-11-1995 e os previstos na Lei 30/1995, do 8 de novembro, a partir desta data e ata o completo pagamento, sen se facer imposición de custas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde José Luis García Arias, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2127