Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (2/1997-24).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido. Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 2/1997, por instancia de Lucía Diéguez Freire, con

tra João Manoel Martins Rocha, e que nas súas actuacións se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o 20 de febreiro de mil novecentos noventa e sete, en nome de S.M. El-Rei, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 1/1997, sobre furto, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, Lucía Diéguez Freire, Manuel Becerra Rodríguez e, como denunciado, João Manuel Martins Rocha.

Decido que debo condenar e condeno a João Manoel Martins Rocha, como autor responsable dunha falta do artigo 623-1 do Código Penal, á pena de multa dun mes con cota diaria de 200 ptas e ó pagamento das custas procesuais.

A entrega do obxecto substraído e entregado en depósito convértese en definitiva. Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación ante este xulgado, por escrito, no prazo de cinco días».

E para que conste e lle sirva de notificación a Joao Manoel Martins Rocha, expido e asino en Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Selado e rubricado

1537