Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (76/1997-13).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, en autos de testamentaría promovidos por Aurelio Carbia Iglesias, representado polo procurador Cuns Núñez, respecto dos bens de Manuel Carbia López e María Iglesias Blanco, por medio da presente cédula son citadas as persoas interesadas que logo dirán para que, no termo de 15 días, comparezan no xuízo para faceren uso do seu dereito, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía sen volvelos a citar nin oílos.

E para que así conste e lles sirva de cédula de citación en forma ás persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter algún dereito sobre a herdanza, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

1569