Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 7/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público nº 7/1997.

1. Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga nº 52, 32005 Ourense, teléfono: (988) 38 56 91, fax: (988) 38 55 50.

2.a) Categoría do servicio: 14.

b) Descrición: contratación do servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

c) Nº referencia da CCP: 874.

3. Lugar de execución: edificios situados na rúa Ramón Puga nº 52 de Ourense.

4. Modalidade da adxudicación: concurso público.

5. Orzamento máximo de licitación: 380.000.000 de ptas. (IVE incluído) en cómputo anual.

6. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

7. Variantes: non se admiten.

8. Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

9. Garantías esixidas:

-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

-Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

10. Criterios de adxudicación: prezo: 4 puntos, avaliación técnica, organizativa e materiais: 3 puntos, experiencia no sector: 3 puntos.

11. Obtención de documentación: en días laborables de 9 a 13 horas, no Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga nº 52, 32005 Ourense, teléfono: (988) 38 56 91, fax: (988) 38 55 50. Prazo para efectua-la dita solicitude: 5-5-1997.

12. Data límite de recepción das ofertas: antes das 13 horas do día 12-5-1997.

13. Enderezo á que se enviarán as ofertas: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rexistro xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga nº 52, 32005 Ourense.

14. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, no Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, sala de xuntas anexa a dirección de xestión, rúa Ramón Puga nº 52, Ourense, ás 9 horas do día 23-5-1997.

15. Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: UTE.

16. O licitador está obrigado a mante-la súa oferta durante 45 días naturais contados a partir do día seguinte a aquel no que tivo lugar a apertura delas.

17. Linguas nas que se redactarán as ofertas: castelán ou galego.

18. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

19. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 20-3-1997.

20. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a POCE).

Ourense, 10 de marzo de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense

2465