Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de material de lentes intraoculares. (C.P. 28/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación da subministración de material de lentes intraoculares.

Orzamento: 11.115.000 pesetas.

Garantía provisional: 222.300 ptas.

-Lote 1: lente intraocular cámara posterior.

* De cámara posterior.

* Monobloque de PMMA.

* Biconvexa.

* Lonxitude: igual ou maior de 13,5 mm.

* Zona óptica: igual ou maior de 6 mm.

Orzamento: 1.800.000 ptas.

Garantía provisional: 36.000 ptas.

-Lote 2: lente intraocular cámara posterior.

* De cámara posterior.

* Monobloque de PMMA.

* Biconvexa.

* Orificio nun háptico.

* Lonxitude: igual ou maior de 13,5 mm.

* Zona óptica: igual ou maior de 6 mm.

Orzamento: 2.700.000 ptas.

Garantía provisional: 54.000 ptas.

-Lote 3: lente intraocular cámara posterior.

* De cámara posterior.

* Hápticos de prolene.

* Lonxitude: 14 mm.

* Zona óptica: 7 mm.

Orzamento: 900.000 ptas.

Garantía provisional: 18.000 ptas.

-Lote 4: lente intraocular cámara anterior.

* De cámara anterior.

* Monobloque de PMMA.

* Lonxitude: 13 mm.

* Zona óptica: 6 mm.

Orzamento: 360.000 ptas.

Garantía provisional: 7.200 ptas.

-Lote 5: Viscoelástico.

* Hialuronato sódico: 10-30 mg/ml.

* Ph. 7-7,5.

* Viscosidade: 40.000-50.000 cps.

* Osmolaridade: 300-310 mOsm/kg.

* Presentación: xiringas 0,55-0,65 ml.

Orzamento: 5.355.000 ptas.

Garantía provisional: 107.100 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a entrega da subministración farase segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade dos materiais: 30%.

3. Servicio Técnico da Subministración: 10%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ata ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo) antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Compelxo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábils eguinte.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 17 de marzo de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo hospitalario Juan Canalejo-Maritimo Oza da Coruña

2742