Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da consultoría/asistencia consistente na colaboración técnica nos procesos de elaboración da contabilidade rexional de Galicia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría/asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expediente: 97.05.0044.

2. Obxecto do contrato.

-Colaboración técnica nos procesos de elaboración da contabilidade rexional de Galicia (CR) . A colaboración estenderase ás operacións de peche da CR94, revisión da serie CR90-94, e avance da CR95.

-Prazo de execución: seis meses.

-Orzamento: 15.300.000 pesetas.

3. Forma e procedemento de adxudicación.

Concurso público aberto.

4. Fianza provisional.

306.000 pesetas.

5. Fianza definitiva.

612.000 pesetas.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría A.

7. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela, CP 15702. Tlf: 54 13 21, e fax: 54 13 23.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, a proposición económica e as características técnicas segundo o disposto no prego de prescricións técnicas, no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no Rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no Art.100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

O sexto día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

2301