Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de instrumental para o Laboratorio Rexional de Medio Ambiente de Galicia.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 11/1997.

Obxecto do contrato: subministración e posta en funcionamento dos equipos necesarios para a optimización e mellora no funcionamento do Laboratorio Rexional de Medio Ambiente de Galicia.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: a subministración deberá ser executada incluída a súa posta en funcionamento, no prazo de 4 meses desde o día seguinte ó do asinamento do contrato.

Tramitación: ordinario.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: o prezo máximo para esta contratación é o seguinte:

-Lote A: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

-Lote B: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.). (Coa desagregación que figura nas prescricións técnicas).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato de cada un dos lotes ós que presenta proposición:

-Lote A: 100.000 pesetas.

-Lote B: 100.000 pesetas.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

2563