Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial de Loureda, sito no concello de Arteixo, provincia da Coruña.

Segundo o establecido no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 266, do 19-11-1996) sométese a información pública, durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación do presente anuncio, a solicitude presentada por José Luis Rey Cambón, con enderezo en Arteixo, Cancelo nº 4, Loureda, de autorización de aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial de Loureda, sito no concello de Arteixo, na provincia da Coruña, co fin de que os interesados, propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetros de protección, poidan alegar canto conveña ós seus intereses.

Para os efectos informativos poñerase a disposición dos interesados un exemplar dela nas oficinas desta delegación provincial, Sección de Minas e no concello de Arteixo. As alegacións poderanse formular durante o prazo sinalado.

A Coruña, 21 de marzo de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2613