Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/75-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. interiores do polígono industrial.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV entre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 550 m de lonxitude, con orixe na liña Lubre-Armuño Expte. 26604, a través de tramo subterráneo a C.T. estación ITV de Espírito Santo e final a través doutro tramo subterráneo a C.T. nº 5 do polígono industrial de Cambre. Os tramos subterráneos están baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al.

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al con orixe na anterior de 3.983 m de lonxitude discorrendo polas vías do polígono industrial de Cambre e alimentando os CC.TT. a 20/0,380-0,220 kV, nº 4, 5, 6 e 8 de 1000 kVA, os nº 1 e 7 de 630 kVA e o nº 3 con dúas máquinas de 630 kVA. Os CC.TT. irán equipados de celas de protección de liñas e cela de protección do trans

formador. Centro de reflexión equipado con dúas celas de liña motorizada. Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2744