Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/45-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sendia.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 34 m de lonxitude, en LA-56 que parte do apoio número 35 da L.M.T. Boiro-Porto do Son e final no C.T. que se vai construír de 50 kVA no lugar de Sendia e rede de baixa tensión de 290 metros en conductor R.Z. Concello de Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2579