Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/44-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Sta. María-Atocha, C.T.C. Sta. María, Cubelo e A Fonte.

Situación: Arzúa.

Características técnicas: reforma da L.M.T. e CC.TT. na vila de Arzúa: L.M.T. aérea, a 20 kV Portodemouros-Arzúa de 457 metros entre os apoios 85 e 91 en conductor Pigeon 90/99 mm. L.M.T. aérea a 15/20 kV a C.T. Burres de 120 metros que parte do apoio 86 da L.M.T. anterior e final no apoio primeiro a C.T. Burres. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 60 metros de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 que xunta a L.M.T. Portodemouros-Arzúa con C.T. Cubelo. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 391 metros de lonxitude que parte do C.T. Sta. María e final na L.M.T. aérea a Boimorto. L.M.T. subterránea a15/20 kV de 1.490 metros en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que xunta os CC.TT. de Atocha, A Fonte, Cubelo e Sta. María. Reforma do C.T. Cubelo de 400 kVA e a construcción dos CC.TT. de Sta. María e Cubelo de 250 kVA/U. Concello de Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2577