Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Rúa Severo Ochoa, 2, a Grela, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. aérea de 20 kV e 4 CC.TT. interiores de 250 kVA/U.
Situación: parque empresarial (Somozas).
Descricións técnicas: variación traza L.M.T. aérea a 15/20 kV Somozas-Seixas (Expte. 27256) nunha lonxitude de 613 m ó seu paso polo parque empresarial das Somozas, en conductor La-56. Do apoio
nº 1 da variante, que parte un ramal de 172 metros de lonxitude que alimenta o C.T. A, do apoio nº 5 parte outro ramal que alimenta os CC.TT. B e C no último apoio, a L.M.T. deriva ó C.T. D. Todos estes CC.TT. están alimentados por un paso aéreo-subterráneo en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm) en Al.
Catro CC.TT. tipo caseta prefabricada con trafos de 250 kVA C/U. Parque empresarial das Somozas. Concello das Somozas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 18 de marzo de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
2578