Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.470

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no DOG número 51 do venres 14 de marzo de 1997, é mester face-las oportunas correccións:

-Páxina 2.342, no referido ó concello de Carnota, columna da esquerda, inmediatamente despois de: «Méritos específicos», debe inserirse: «O coñecemento da lingua galega requírese en grao de perfeccionamento».

-Mesma páxina, mesmo concello, en: «5. Preferencia por praza», ó final do parágrafo onde di: «... en orde de prelación na adxudicación de destino: 0,05 puntos», debe dicir: «... en orde de prelación na adxudicación de destino: 0,5 puntos».

-Mesma páxina, no parágrafo que di: «Da experiencia en concellos de superior categoría», columna da dereita, ó final onde di: «... padrón municipal de habitantes ata o 1 de xaneiro de 1995», debe dicir: «... padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de 1995».

-Páxina 2.349. Tribunais. Intervención 2ª do concello de Bueu, último parágrafo, onde di: «Delegación provincial da Consellería de Economía e Facenda», debe dicir: «Delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda».

-Mesma páxina: concello de Carnota, columna da esquerda, nos vocais do tribunal, despois de: «José Martínez Dovale, secretario do concello de Santa Comba, e antes de Ramón del Valle...», debe inserirse: «Ana Echeandía Mota, secretaria xeral do concello de Noia».

-Mesma páxina, mesmo concello, columna da dereita antes dos vocais suplentes debe inserirse: «Secretaria: Ana Echeandía Mota ou funcionario de habilitación nacional en quen delegue».

-Páxina 2.350: concello de Oroso, nos vocais do tribunal onde di: «Pilar Pastor Novo, secretaria do concello de Zas...», debe dicir: «Pilar Pastor Novo, secretaria do concello de Paradela...»

-Mesma páxina, mesmo concello, onde di: «... María Luisa López López, funcionaria de Administración local con habilitación nacional», debe dicir: «... Mª Luisa López López, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional; como suplente: Yolanda Otero Escudeiro, xefa de sección de persoal funcionario na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Santiago de Compostela».

2663