Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 21 de marzo de 1997 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Mortalidade evitable en Galicia 1976-1992. Unha aproximación a través da diferencia da esperanza de vida.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo da venda ó publico da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1997.

José María Hernández Conchón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Mortalidade evitable en Galicia 1976-1992. Unha aproximación a través da diferencia da esperanza de vida 1.750 ptas.

2518