Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1997 pola que se somete a información pública o proxecto básico da presa de Acheiro (clave: OH.115.339).

Aprobado tecnicamente por resolución do organismo autónomo Augas de Galicia do 24 de marzo de 1997 o proxecto básico da Presa de Acheiro (clave: OH.115.339), sométese o citado proxecto ó trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no BOE, co fin de que aqueles que o consideren oportuno poidan formular por escrito as observacións que crean convenientes ante o Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, sita nos edificios administrativos de San Caetano s/n, 15071-Santiago de Compostela. O proxecto estará exposto ó público nos servicios centrais deste organismo, na alcaldía

de Laracha e na Demarcación Norte de Augas de Galicia na Coruña.

O que se fai público para os efectos do previsto na Lei de expropiación forzosa e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

2469