Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Mellora do abastecemento e saneamento no concello de Vilar de Santos-fase dúas. (Ourense).

Adxudicatario: Corsan, S.A.

Orzamento: 22.157.009 ptas.

-Terminación dos colectores e EDAR de Verín. (Ourense).

Adxudicatario: (UTE) Extraco, S.A. e Asteisa.

Orzamento: 379.990.000 ptas.

-ETAP para o abastecemento de auga a Rodeiro. (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 28.905.872 ptas.

-EDAR de Zamáns. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: Cubiertas y MZOV, S.A.

Orzamento: 249.603.022 ptas.

-Abastecemento de augas ó concello de Sandiás-segunda fase. (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 27.861.470 ptas.

-Colector de marxe de ría-treitos sete e oito. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: Dragados y Construcciones, S.A.

Orzamento: 227.025.098 ptas.

-Rede de sumidoiros en Maus de Salas e outros. (Muíños-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Castro Fernández, S.L.

Orzamento: 19.450.000 ptas.

-EDAR e colector xeral de Monterroso. (Lugo).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 156.302.138 ptas.

-Asistencia técnica para redacción do proxecto de colectores de marxes do río Umia. (Ribadumia e outros).

Adxudicatario: CIISA.

Orzamento: 6.798.470 ptas.

-Asistencia técnica para realización da planificación da rede foronómica nas concas de Galicia-costa.

Adxudicatario: Segurpresa.

Orzamento: 11.900.428 ptas.

-Asistencia técnica para a redacción dun plan xeral de saneamento de catro concellos modelo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Adxudicatario: Proyectos y Obras de Galicia, S.A.

Orzamento: 25.965.324 ptas.

-Asistencia técnica para realización do inventario e caracterización dos vertidos nas concas hidrográficas de Galicia-costa, centro e sur.

Adxudicatario: (UTE) Ingeniería de Vertidos, S.L. e Visible, S.L.

Orzamento: 58.225.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

2804