Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de productos alimenticios para o centro de atención a minusválidos psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de productos alimenticios.

Orzamento do contrato:

-Partida 1) aceites: 1.393.340 ptas. (un millón trescentas noventa e tres mil trescentas coarenta pesetas).

-Partida 2) varios: 1.269.425 ptas. (un millón dúascentas sesenta e nove mil catrocentas vintecinco pesetas).

-Partida 3) bebidas: 317.155 ptas. (trescentas dezasete mil cento cincuenta e cinco pesetas).

-Partida 4) embutidos: 616.684 ptas. (seiscentas dezaseis mil seiscentas oitenta e catro pesetas).

-Partida 5) conservas: 586.144 ptas. (cincocentas oitenta e seis mil cento corenta e catro pesetas).

-Partida 6) azucre: 109.508 ptas. (cento nove mil cincocentas oito pesetas).

-Partida 7) croisants: 107.274 ptas. (cento sete mil duascentas setenta e catro pesetas).

-Partida 8) pan e bolos: 812.790 ptas. (oitocentas doce mil setecentas noventa pesetas).

-Partida 9) ovos frescos: 154.800 ptas. (cento cincuenta e catro mil oitocentas pesetas).

-Partida 10) ovo líquido: 333.454 ptas. (trescentas trinta e tres mil catrocentas cincuenta e catro pesetas).

-Partida 11) lácteos: 1.324.500 ptas. (un millón trescentas vintecatro mil cincocentas pesetas).

-Partida 12) derivados lácteos: 631.229 ptas. (seiscentas trinta e unha mil duascentas vintenove pesetas).

-Partida 13) iogures: 261.936 ptas. (duascentas sesenta e unha mil novecentas trinta e seis pesetas).

-Partida 14) peixe conxelado: 2.209.779 ptas. (dous millóns duascentas nove mil setecentas setenta e nove pesetas).

-Partida 15) verduras e outros conxelados: 1.585.495 ptas. (un millón cincocentas oitenta e cinco mil catrocentas noventa e cinco pesetas).

-Partida 16) carne fresca: 3.880.232 ptas. (tres millóns oitocentas oitenta mil duascentas trinta e dúas pesetas).

-Partida 17) polo e aves: 1.450.175 ptas. (un millón catrocentas cincuenta mil cento setenta e cinco pesetas).

-Partida 18) peixe fresco: 1.168.800 ptas. (un millón cento sesenta e oito mil oitocentas pesetas).

-Partida 19) varios de bolos: 530.239 ptas. (cincocentas trinta mil duascentas trinta e nove pesetas).

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1997.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Sovencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995.

8. Criterios de adxudicación:

-Calidade.

-Prezo.

-Execución a plena satisfacción de servicios semellantes.

-Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2%, nos termos establecidos na disposición adicional 8 da LCAP.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no propio centro de atención

a minusválidos psíquicos de Redondela (Bº Parada, 87 Chapela-Redondela) ou ben no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 21 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra

2545