Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-EC-27/1996, devolta polo servicio de correos rexeitada.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 17 de marzo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-EC-27/1996.

Denunciada: Adelina Abelairas Mato.

DNI: 34.224.972.

Último enderezo coñecido: Hermora-Cuíña-Palas de Rei.

Feito denunciado: non dispo-lo seu gando para a realización das probas correspondentes á campaña de saneamento gandeiro de 1996.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 113 do regulamento da Lei de epizootias e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 27 de abril de 1994 prorrogada pola Orde do 5 de marzo de 1996.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 100.000 ptas.

97-2715