Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador de epizootias LU-ES-5/1997, devolta polo servicio de correos por encontrarse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretario a Emilio López-Terradas Covisa, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 17 de marzo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-ES-5/97.

Denunciada: Marina Mariño Mariño.

DNI: 34.186.675.

Último enderezo coñecido: Río-Santa Cristina-Antas de Ulla.

Feitos imputados: non sacrifica-las reses identificadas cos crotais LU-412303 e LU-0418TW por positividade a tuberculose na súa explotación.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: parágrafo 2º do artigo 147 do regulamento da Lei de epizootias e 6º.1 da Orde do 27 de abril de 1994 prorrogada pola Orde do 5 de marzo de 1996.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 100.000.

2502