Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-171/1996 e LU-208/1996, devoltas polo servicio de correos por atoparse ausentes nas horas de reparto os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311-152-116/7, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 17 de marzo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-171/1996.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 202-1º D, A Rúa (Ourense).

Feitos imputados: transporta-lo día 19 de abril de 1996 no vehículo matrícula OR-3114-P cen aves desde A Rúa ata Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias de 1955.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 10.000 ptas.

Expediente: LU-208/1996.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 202-1º D, A Rúa (Ourense).

Feitos imputados: transporta-lo día 19 de maio de 1996 no vehículo matrícula OR-3114-P sesenta aves desde Ourense ata Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias de 1955.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 10.000 ptas.

2501