Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de epizootias LU-7/1997 e LU-17/1997, devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 17 de marzo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-7/1997.

Denunciado: Jesús González Frey.

DNI nº: 33.797.011.

Último enderezo coñecido: Avda. Estación, 36, Biscaia.

Feitos imputados: transporta-lo día 18 de xaneiro de 1997 no remolque do vehículo matrícula BI-5756-AZ dúas cabezas de gando porcino, sen te-lo remolque inscrito para transportar gando.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-17/1997.

Denunciado: Ángel Montero Oliva.

Último enderezo coñecido: Campo de la Paloma, 36, Madrid.

Feitos imputados: transporta-lo día 29 de xaneiro de 1997 no vehículo matrícula M-2580-EL, conducido por José Monterrubio Gallego, seis animais bovinos sen te-lo vehículo inscrito para transportar gando.

Precepto infrinxido: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

2500