Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/104-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. en Vilar de Outeiro-Insua.

Situación: Santiago de Compostela.

Descripcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.023 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Berdía e finais nos CC.TT. que se van instalar en Insua e Vilar de Outeiro.

Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón, de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Insua e Vilar de Outeiro. Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2487