Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente: IN407A 96/143-2-4625 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. e C.T. edificio Martínez Núñez, rúa Claudio López.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductor D.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, centro de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Martínez Núñez na rúa Rampla Claudio López, en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 6 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2485