Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/298-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I, o proxecto de L.M.T. Isorna-Leiro e derivadas.

Situación: Rianxo.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, de 3.069 metros de lonxitude, con orixe no apoio número 35 da liña Castelo-Isorna (expediente 32427) e final no apoio número 15 da liña que alimenta o C.T. Leiro (expediente 50779). Liñas eléctricas aéreas que derivan da anterior sobre apoios de formigón e en conductor LA-56, de 668 metros de lonxitude a C.T. Palleiro, a instalar, C.T. aéreo de 50 kVA e tensións de 200,380-0,220 kV, de 3.425 metros de lonxitude a C.T. Vilanuste que se vai instalar C.T. aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, de 374 metros de lonxitude a C.T. Meiquiz que se vai instalar C.T. aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, de 18 m de lonxitude a C.T. Vilas-Mámoa que se vai instalar, C.T. aéreo de 50 kVA e tensión de 20/0,380-0,220 kV de 362 m de lonxitude a C.T. Somoza que se vai instalar, C.T. aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV de 514 metros de lonxitude a

C.T. Outeiro que se vai instalar, C.T. aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2489