Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/119-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2-A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subestación Sada a Santa Cruz, Sada e Arillo.

Situación: Sada e Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, na súa parte subterránea e con apoios metálicos e de formigón na parte aérea con orixe na subestación de Sada, en triple circuíto subterráneo con conductores R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al, entroncado dous circuítos na liña aérea a Santa Cruz e Arillo e continuando en simple circuíto subterráneo ata as inmediacións do C.T. Tornos, onde pasa a aérea, con conductor LA-110. Tramo subterráneo alimentado a urbanización O Bosque tramo subterráneo entroncando na liña a Mera e C.T. Abeleiras. Os tramos subterráneos teñen 1.115 m de lonxitude e o aéreo 754 m Sada e Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2462