Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, do expediente sancionador S-28/1996, seguido contra Ovidio Álvarez Domínguez.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27 de novembro), faise pública a resolución do expediente sancionador que se indica, que se segue nesta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais contra o infractor que no anexo se sinala, xa que, intentándose a notificación do mesmo no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, con enderezo na rúa Montevideo, 9.

Esta resolución leva apareada unha sanción de cen mil pesetas (100.000 ptas.) ó infractor que no anexo se sinala, dispoñendo dun prazo de quince días para efectua-lo pagamento contado desde o seguinte a publicación desta resolución. De non efectuarse o pagamento dentro do dito prazo, procederase, sen máis trámite, á súa exacción pola vía de constrinximento.

O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galicia, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: recadacións de multas e sancións, con número de conta 0182-5947-01-14017-9 da sucursal institucional de Banco Bilbao-Vizcaya, con domicilio en Santiago de Compostela.

ANEXO

Expediente: S-28/1996

Interesado: Ovidio Álvarez Domínguez.

Enderezo coñecido: polígono de Elviña, 1ª fase, bloque nº 1-5º Esq. A Coruña.

Feitos imputados: transporte sen condicións hixiénico-sanitarias adecuadas de: 20 kg de congro, 20 kg de sardiñas, 20 kg de bogas de mar, 15 kg de raias, 35 kg de xurel. No interior do vehículo Renault 4-F6, matrícula C-8311-7, sen distintivo nin homologación.

Precep. infrinxidos:-Artigo 35 Lei 14/1986, do 25 de abril.

-Artigo 2 R.D. 1945/1983, do 22 de xuño.

-Artigo 1 Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia.

-Artigo 3 R.D. 1437/1992, do 27 de novembro.

-Artigo 12 R.D. 2483/1986, do 14 de novembro.

-Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia.

Sanción imposta: 100.000 ptas.

Recurso procedente: recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, desde a publicación desta resolución.

Lugo, 20 de marzo de 1997.

Luís Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

97-2519