Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/92-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Edif. Comega en Avda. Mahía, Bertamiráns.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e en dobre circuíto, de 11 m de lonxitude, con orixe no C.T. denominado polígono 28 (Expte. 13/95) e C.T. que se vai instalar denominado Avda. Mahía-Bertamiráns. Centro de transformación en baixo edificio Comega, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ames.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2477