Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/82-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: variante aero-Subt. Pasaxe 1 e 2 en Eirís-Monserrat.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, en dobre e triple circuíto, baixo tubos, que parte do apoio metálico que se vai instalar na liña O.C. A Grela A Pasaxe, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, en dobre circuíto ata onde deriva a alimenta-lo C.T. oncolóxico e en triple circuíto desde esta derivación a C.T. que se proxecta denominado Monserrat e outra vez en dobre circuíto ata o apoio metálico de paso a aérea no lugar de Pedralonga cunha lonxitude total de 526 m. Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en edificio Monserrat, tres celas de protección de liñas e unha de protección de trafo en SF6. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2475