Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/35-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Ramallal-Pazo de Vilaboa-Ombre.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo os tramos subterráneos e sobre apoios de formigón e metálicos o aéreo. De 171 m tramo aéreo, con conductor LA-110 entre os apoios nº 1 e 3 da liña. De 16 m tramo subterráneo, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe no apoio nº 1 anterior e final C.T. Ramallal. De 825 m tramo subterráneo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con origen no apoio nº 3 e final no C.T. Acea da Ma. De 186 m tramo subterráneo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe no C.T. Pazo de Vilaboa e final no C.T. Horgasa. Centro de transformación en edificio prefabricado, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220, Pazo de Vilaboa. Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2476