Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/83-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e 9 CC.TT. en polígono Los Rosales.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe e chegada na subestación de San Pedro de Visma e discorrendo polos viais correspondentes á urbanización do polígono dos Rosales, na Coruña, e cunha lonxitude de 3.450 m. Nove centros de transformación servidos pola liña antes descrita, instalados en casetas prefabricadas de formigón, dos cales 5 están na rotonda elíptica e os outros 4 ó lado da avenida de acceso a urbanización, de 1.000 kVA/U e tensións de 15/0,380-0,220 kV, equipado cada centro con dúas celas de protección de liñas e unha de protección do trafo en SF6. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2479