Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/215-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Cuns-Sordíns e CC.TT. Moucos Sordíns.

Situación: Coristanco.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-56: de 2.296 m de lonxitude, con orixe na liña Trabe-Cuns e final na derivación a Picoutos. De 398 m de lonxitude, con orixe na liña Cuns-Sordíns e final no C.T. que se vai instalar en Moucos. De 212 m de lonxitude, con orixe na anterior e C.T. que se vai instalar en Sordíns. Centros de transformación aéreos, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Moucos e Sordíns, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 855 m de lonxitude. Coristanco.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2472