Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/126-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilar Rosende.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metá

licos, de 1.172 m de lonxitude, con orixe na liña Portodemouros. Cornado (Expte. 33932) e final no C.T. que se vai instalar en Vilar Rosende. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vilar Rosende e saída a rede de baixa tensión con conductor R.Z. e 160 m de lonxitude. Touro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2474