Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/113-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-C.T.I. en Gándara.

Situación: Negreira.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea, de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 5 m de lonxitude, que parte da liña denominada Ameixeira-Negreira-Ponte Insua (Expte. 51502) e remata no C.T. que se vai instalar en Gándara. Centro de transformación aéreo, sobre apoio de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Gándara. Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2481