Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10-3-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 26-2-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de marzo de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Modificacións acordadas nas retribucións do capítulo V e conceptos económicos do capítulo VII do vixente convenio colectivo de Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures

Os valores dos seguintes artigos do convenio colectivo quedan modificados para o ano 1997 na forma que a seguir se expresa:

Artigo 18º.-Salarios.

As retribucións quedan establecidas conforme se indica no anexo I que substitúe o anterior.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 3.420 ptas. por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

3) Fíxase unha gratificación, denominada abril, que se percibirá no dito mes, correspondente a un 4,5% do total anual fixado nas táboas salariais a que fai referencia o artigo 18. A devandita gratificación está incluída no cómputo do total anual citado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Os importes das horas extraordinarias quedan establecidos conforme se indica no anexo II que substitúe o anterior.

Artigo 22º.-Plus de nocturnidade.

Os importes sinalados neste artigo establécense como segue:

Apartado 1): 1.983.

Apartado 2): 1.175.

Artigo 23º.-Plus dominical.

Os importes deste artigo establécense como segue:

Apartado 3):

-Primeiro domingo ou festivo traballado: 3.000.

-Domingo ou festivo consecutivo traballado: 4.696.

Apartado 4): 2.113.

Artigo 23º bis.-Absentismo.

Co fin de fomenta-la diminución de absentismo, quedan fixados para o persoal obreiro os incentivos que se detallan, que se pagarán por meses o mes

seguinte ó do prazo vencido, de acordo co seguinte baremo:

O índice de absentismo do persoal obreiro por tódolos conceptos está comprendido:

-Entre o 4,51% ata o 5,5% aboaranse 2.452 ptas. brutas.

-Entre o 4,01% ata o 4,5% aboaranse 4.904 ptas. brutas.

Entre o 3,51% ata o 4,0% aboaranse 7.356 ptas. brutas.

Entre o 3,01% ata o 3,5% aboaranse 9.808 ptas. brutas.

Entre o 0,00% ata o 3,0% aboaranse 12.260 ptas. brutas.

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

O importe deste artigo establécese en 22.500 brutas.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

O importe deste artigo establécese en 15.000 pesetas netas por ano de servicio, cun mínimo de 225.000 pesetas netas.

Artigo 30º.-Axuda gardería.

O importe deste artigo establécese en 9.670 pesetas brutas mensuais.

Artigo 31º.-Axuda por minusvalidez.

O importe deste artigo establécese en 18.000 ptas. brutas mensuais.

Artigo 32º.-Obsequio por nupcialidade.

O importe deste artigo establécese en 22.500 ptas. brutas.

Artigo 33º.-Obsequio por natalidade.

O importe deste artigo establécese en 14.400 ptas. brutas.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

Os importes deste artigo establécense nas seguintes cantidades:

-25 anos: 125.000 pesetas.

-40 anos: 180.000 pesetas.

-50 anos: 235.000 pesetas.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido, sinálase que o presente convenio colectivo foi negociado polas partes que a seguir se detallan:

-Polos representantes da empresa:

José Manuel Carregal Diéguez.

José López Pérez.

-En representación dos traballadores por:

Mª José Justo Ferreiro.

Mª Virginia Arines Rodiño.

Leonardo Cobas Pena.

Arturo Ferro González.

Ramón Calvo Fernández.

Luis Martínez Paredes.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Fernando Fernández Boado.

Ramón Cheda Framil.

A comisión deliberadora, por unanimidade, aproba as modificacións antes expresadas ó vixente convenio colectivo, permanecendo inalterados os restantes artigos deste e, en proba do acordo acadado, tódolos compoñentes desta, dando por rematadas as negociacións, asinan o presente documento en Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL Ó 1-1-1997

Nivel

Salario base

Compl. Comp.

Total día

Total mes

Total salario

anual

Total 3 Gratif.

Extraord.

Gratif. abril

Total anual

12.9691.7994.768143.0401.716.480429.120101.1022.246.702
22.9691.8974.866145.9801.751.760437.940103.1802.292.880
32.9691.9904.959148.7701.785.240446.310105.1522.336.702
42.9692.0915.060151.8001.821.600455.400107.2942.384.294
52.9692.1845.153154.5901.855.080463.770109.2662.428.116
62.9692.2795.248157.4401.889.280472.320111.2802.472.880
72.9692.3745.343160.2901.923.480480.870113.2942.517.644
82.9692.4695.438163.1401.957.680489.420115.3092.562.409
92.9692.5685.537166.1101.993.320498.330117.4082.609.058
102.9692.6595.628168.8402.026.080506.520119.3382.651.938
112.9692.7555.724171.7202.060.640515.160121.3732.697.173

ANEXO II

TÁBOA HORAS EXTRAORDINARIAS

NivelValor

11.520
21.552
31.582
41.614

NivelValor

51.643
61.674
71.705
81.734
91.766
101.795
111.825

2627