Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997 pola que se inscribe a Fundación del Santo Milagro do Cebreiro no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Fundación del Santo Milagro do Cebreiro, de data do 10 de marzo de 1997.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Fundación del Santo Milagro do Cebreiro quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 073.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

2071