Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.351

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004693/1997, interposto por Dragados y Construcciones, S.A.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0004693/1997, interposto por Dragados y Construcciones, S.A., contra a desestimación por silencio da Secretaría Xeral para o Deporte das reclamacións do 26 de abril e 29 de agosto de 1994 relativa á liquidación provisional e xuros das obras complementario e reforma do complementario do pavillón polideportivo de Lugo, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

2642