Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02-4367/1997, interposto por Amalia Lloveres Jarrín.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02-4367/1997 interposto por Amalia Lloveres Jarrín, contra resolución da CPTOPV, do 16-12-1996, desestimatoria do recurso ordinario V-0241/1996, contra outra do director xeral do IGVS, de 24-7-1996, que acordou non autoriza-la reversión da parcela nº 2 do polígono de Esteiro en Ferrol, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas personas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2558