Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación de sistemas automatizados para realizar determinacións de bioquímica no laboratorio de urxencias (contrato mixto) (C.P. 109/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

-Obxecto: probas bioquímicas de laboratorio de urxencias.

-Orzamento: 22.500.000 ptas.

-Garantía provisional: 450.000 ptas.

-Lote 1: determinacións de bioquímica.

I.5. Calcio.

I.8. Creatinina.

I.9. Glicosa.

I.12. Proteínas totais.

I.13. Urea.

I.14. Sodio.

I.15. Potasio.

I.16. Ácido láctico.

-Orzamento: 22.500.000 ptas. (material consumible: 17.100.000 ptas.; arrendamento: 5.400.000 ptas.).

-Garantía provisional: 450.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega farase ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica:

-Prezo do arrendamento e consumibles: 50%.

-Calidade dos reactivos: 20%.

-Prestacións do equipamento: 20%.

2. Servicio de mantemento:

-Preventivo e correctivo: 5%.

-Servicio de entrega de remesas de consumibles: 5%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar na man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 20 de marzo de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

2621